O amor é sinxelo. Namorarse é complicado. Chega o segundo título da serie de novelas gráficas que triunfou na rede e conquistou a millóns de corazóns!
Logo de lanzarse a bicar a Nick, Charlie cre que todo se acabou, mais... é así? Heartstopper responde á maneira de sentir dos rapaces reais, cunha visión aberta, natural e sensible sobre o amor e a identidade sexual, sen perder nunca a delicadeza e a emoción.